VIH – SIDA

Sólo otro weblog de WordPress.com

Novas en EEUU sobre o ingreso no país de persoas co VIH 01/18/2010

Arquivado en: General — alnny @ 9:07 am

Desde o día 04/01/2010 os visitantes estranxeiros infectados con VIH poderán volver a ingresas nos EEUU despois de 22 anos sen poder facelo debido a unha prohibición. Entre os países que contaban con esa prohibición estaban Libia e Arabia Saudí. A prohibición impúxose a finais dos anos oitenta en medio de un pánico global sobre a enfermidade.

Esta medida de eliminación do veto de entrar nos EEUU foi levada a cabo polo presidente Barack Obama, alegando que a medida se xustificaba “polo medo e non polos feitos”.

A nova normativa entrou en vigor en dita data, e Washington D.C xa ten previsto organizar unha cumbre mundial bienal sobre o Sida, que será inaugurada no 2012.

O presidente Obama sinalou que a prohibición é incompatíbel cos plans de EEUU de liderar a loita contra a enfermidade. A infección por VIH xa non figura na lista de enfermidades que se deben comunicar á hora de solicitar un visado e xa non será obxecto se probas médicas antes de viaxar ao país, según o novo regulamento aprobado o pasado 2 de Novembro e que se fixo efectivo a día 4 de Xaneiro. Ata agora, os seropositivos necesitaban unha autorización especial do departamento de sanidade para entrar nos Estados Unidos.

Esperemos que o resto de países con esta prohibición aínda en vigor tomen como exemplo esta medida e se aplique canto antes.

Un saúdo

Alba+Fanny

 

Unha resposta a “Novas en EEUU sobre o ingreso no país de persoas co VIH”

  1. lorena di:

    que o presidente Obama entrara na presidencia de EEUU veulle moi ben para o meu parecer.
    o tema do VIH non é algo que soamente afecte ós paises como son Arabia Saudí ou Libia, senon que é unha enfermidade que pode afectar dende a persoa mais pobre que haxa sobre a Terra ata a persoa que teña todo o diñeiro que faga falta porque esa non é unha enfermidade que distingue as clases ou que pode afectar a uns ou a outros.
    antes, fai anos si se podia dicir eso, pero de un tempo cara aquí eso xa non está ben dito.
    e o feito de non deixar entrar nos EEUU a unha persoa de esos países co VIH pareceme moi discriminatorio non só pola enfermidade, senon polo lugar de procedencia, xa que en EEUU ata agora supoño que estaría entrando xente con VIH de outros países sen ser esos “prohibidos”.

    moi ben o articulo!!
    un bikoO


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.