As cantantes Lady Gaga e Cindy Lauper son a imaxe dunha campaña levada a cabo pola fundación de MAC cosmetics,MAC Aids Fund, que ten como obxectivo de recaudar fondos para os pacientes do SIDA e concienciar á poboación da enfermidade.
Para Lady Gaga o SIDA non é ningunha broma, xa que según declaracións da cantante: ” Todas recibimos esa chama de unha amiga que nos dí: “Non o vas a creer, onte foiseme a cabeza e non usei preservativo” E contánolo ríndose. O noso deber como amigas é decir: “Non sei de que te ríes. Esto é moi serio”.
Esta cantante opina que hai un déficitde información sobre a enfermidade entre as mulleres mozas e as adolescentes: “creo que moitas mulleres non son conscientes da velocidade coa que se está propagando o SIDA, do perigoso que é e da cantidade de xente que o padece. Por eso quero ser un exemplo para esas mulleres mozas”
Estas dúas artistas poñerán o seu nome a dous pintalabio que forman parte dunha nova línea de maquillaxe: From our lips (dos nosos labios), e que saíron á venda o pasado 25 de febreiro. O seu precio rondará os 9 Euros e a recaudación será doada á mencionada fundación, que xa leva 15 anos loitando contra o SIDA.